Thursday 16 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros levará ao próximo pleno unha moción de rexeitamento de toda clase de violencia contra as mulleres


A PROPOSTA PRESÉNTASE COINCIDINDO COA CONMEMORACIÓN DO 30ª ANIVERSARIO DA DEDICACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO COMO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA As MUJERES, ESTABLECIDO POLA ONU

Desde o Partido Popular somos conscientes que a violencia contra as mulleres é un dos tipos de violencia máis estendidos no mundo actual, producindo cada día situacións dramáticas. Por iso, é necesario que toda a sociedade implíquese, para previr esta violencia, identificala e recoñecer os seus sinais.

Todos os días debemos acordarnos de todas as mulleres que a sofren de maneira directa ou indirecta. E é preciso lembrar dun modo especial a todas e cada unha delas, en especial as vítimas galegas falecidas este ano por este drama. Unha violencia que se produce cada día en todos os recunchos do planeta e que ten graves consecuencias físicas, psicolóxicas, sociais e económicas sobre ás mulleres.

Por todo iso, en opinión do Partido Popular, a loita contra a violencia de xénero debe ser integral e debe contar coa implicación do conxunto da sociedade, especialmente, cos poder públicos e coas administracións, sexan internacionais, nacionais, autonómicas, provinciais e, por suposto, locais.

Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular, sinalou a este respecto: “Neste sentido, a moción que presentaremos ao pleno deste mes propón acordos, que van desde o rexeitamento expreso contra todo tipo de violencia contra as mulleres, pasando pola promoción de campañas divulgativas contra esta violencia e o establecemento de de puntos seguros e de información sobre a violencia sexual nos espazos públicos de Oleiros.
Ademais, propoñeremos incrementar a vixilancia por parte da Policía Local en colaboración con outras Forzas e Corpos de Seguridade do Estado nos denominados puntos negros.”
“E toca ser ambiciosos -continuou declarando Loli Silva- e a nosa proposta inclúe aconvocatoria das Mesas Locais de Coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, en colaboración coa Xunta de Galicia, así como instar a esta a fomentar a Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero e a seguir colaborando na formación do persoal municipal no ámbito da igualdade e da loita contra a violencia de xénero. Así mesmo, instaremos o Goberno de España ao cumprimento
efectivo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, impulsando as modificacións lexislativas pendentes e adoptando as medidas recollidas neste pacto en materia de prevención, detección e atención integral.”

“Consideramos que sobre esta materia existe un consenso obxectivo e xeneralizado, polo que confiamos que nesta ocasión o alcalde -por unha vez polo menos- non manobre no pleno para eludir o seu apoio á moción, votando en contra da súa urxencia e tirando á papeleira unha moción tan importante e na que todos deberiamos estar implicados”, concluíu a portavoz municipal dos Populares.